domingo, 4 de novembro de 2018

Guía orquestral para novos de B. Britten

Premede na imaxe para acceder ó novo tema que estamos a traballar: os instrumentos da orquestra sinfónica. Para estudalos, estamos a emprega-la obra do compositor inglés Benjamin Britten titulada "Guía orquestral para novos" (Variacións e fuga sobre un tema de Henry Purcell).




Tchaikovsky _ Danza china (El Cascanueces)


Vídeos e musicograma da Danza chinesa do ballet "El Cascanueces", do compositor ruso P.I.Tchaikovsky. 






Ballet completo "EL CASCANUECES"

luns, 29 de outubro de 2018

PAISAXES SONORAS

Raymond Murray SCHAFER (Sarnia18 de xulio de 1933)
 é un compositorescritoreducador, pedagogo musical e ambientalista canadiense, recoñecido polo seu «Proyecto del Paisaje Musical del Mundo», preocupacións pola ecoloxía acústica, e o seu libro The Tuning of the World (de 1977).



Pincha na imaxe se queres escoitar unha conferencia do compositor

Nós estamos aprendendo unha forma moi sinxela de realizar unha  paisaxe sonora. Recordade subila na tarefa "Paisaxe sonora". Seguiremos  practicando e creando novas paisaxes sonoras

mércores, 10 de outubro de 2018

Comezamos coa Frauta

Imos comezar con estas dúas melodías, facendo click sobre cada  unha delas  podedes tocar sobre a base musical. Recorda, colle a flauta coa man esquerda tapando os buratos de atrás co dedo pulgar e o primeiro de diante co índice; o pulgar da man dereita debe apoiarse na zona raiada que hai detrás da frauta. Para soprar farémolo suavemente dicindo "du". Ánimo!









www.docentestic.es

venres, 28 de setembro de 2018

Repaso do nome das notas musicais

Coa seguinte aplicación poderás repasar o nome das notas musicais. Preme na imaxe para acceder.

http://www.cuchuflete.es/aula/flash/notas.swf



Se non conseguides entrar na aplicación anterior para practicar, podedes repasar os nomes das notas na seguinte imaxe.





luns, 18 de xuño de 2018

BETANBRASS




Hoxe as aulas de 2º e as aulas dos compañeiros dos músicos e músicas, tivemos a sorte de asistir a un concerto didáctico da agrupación de metais do Conservatorio Municipal de Betanzos "Betanbrass" onde puidemos ver e escoitar os instrumentos da familia de vento metal. Moitas gracias!

luns, 21 de maio de 2018

PANDERETEIRAS DO VALES



Para festexar o día das letras galegas as pandereteiras do vales interpretaron dúas  pezas no recreo, da gusto escoitalas!  Así damos por finalizado os talleres de pandeiretas deste curso. 





martes, 15 de maio de 2018

Ballet "A pequena Margarita"

Un ano máis, con motivo da conmemoración do día do libro e o día da danza, puidemos disfrutar dunha sesión de ballet  interpretado polas nosas compañeiras. Gracias Tere!


xoves, 3 de maio de 2018

martes, 17 de abril de 2018

CONCERTO MEDIEVAL

A semana pasada asistimos a un concerto de música medieval impresionante. Puidemos disfrutar da música de Emilio Villalba e Sara Marino (www.emiliovillalba.com)  e da historia de "Amadís e o tesouro da música"


Aquí podedes ver unhas fotografías dos concertos.

luns, 12 de marzo de 2018

domingo, 11 de marzo de 2018

Música Medieval

Hai pouco véu un papá de dúas compañeiras a contarnos moitas cousas interesantes da música na Idade Media. Así o resumiron  en 1º B







venres, 16 de febreiro de 2018

Os animais _ Luar na Lubre


Vamos Bebendo

Imos aprender esta bonita poesía de Rosalía de Castro, mirade con que ritmo a interpretan o grupo O Val das Mouras. Espero que vos guste!

Teño tres pitas brancas e un galo negro
que han de poñer bos ovos andando o tempo;
i hei de vendelos caros polo xaneiro;
i hei de xunta-los cartos para un mantelo;
i heino de levar posto no casamento;
i hei..
- Pois mira, Marica, vai por un neto,
que antramentas non quitas eses cerellos,
i as pitas van medrando co galo negro,
para poñe-los ovos, e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos i o casamento
niña prenda da ialma vamos bebendo.




martes, 23 de xaneiro de 2018

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...