venres, 2 de decembro de 2016

QUINTETO RUBATO



Estamos de noraboa! O vindeiro luns 12 poderemos asistir a un concerto (1º,2º e 3º Ed. Primaria), no salón de actos do cole, do quinteto RUBATO. Moitísimas gracias ao Excmo. Concello de Betanzos por este regalo navideño!



luns, 28 de novembro de 2016

CARILLÓN DE CORES


Queridos  Reis Magos/ Papá Noel,  este é o carillón que temos no cole para tocar. Ten as notas de cores (DO vermello, RE laranxa, MI amarelo, FA verde, SOL azul...) e soa moi ben.



TOCA O PANDEIRO MANUEL



Toca o pandeiro Manuel,
e que non falte alegría!.(BIS)
Que esta noite nacerá Xesús
fillo da Virxe María.(BIS)

E tiña que estar e tiña que haber
algún galeguiño preto do recén
Preto do recén no podía faltar
algún galeguiño para aturuxar (bis)

Mira que bonito está,
dá gloria velo na cuna!(bis)
Un boi lle está a dar o seu calor
e as pallas cómeas a mula. (bis)

E tiña que estar e tiña que haber
algún galeguiño preto do recén
Preto do recén no podía faltar
algún galeguiño para aturuxar (bis)


domingo, 23 de outubro de 2016

Minueto de J.S.Bach.

 Esta será a seguinte peza de J.S. Bach que imos traballar na clase. Primeiro traballaremos coa audición e logo trataremos de interpretala coa frauta e con instrumentos de placa. 



PATIO MUSICAL

O noso propósito  deste curso é facer un recuncho musical no patio. Aceptamos ideas, axuda, materiais. Gracias familias!


sábado, 22 de outubro de 2016

This is Halloween.


Peza musical da B.S.O. da película "Pesadilla antes de Navidad" de Tim Burton. Ánimo que non é doada!


sábado, 15 de outubro de 2016

Compositor: J. S. Bach.


Xa que estamos a traballar co compositor J.S.Bach, vos deixo a continuación unha pequena mostra do que escoitamos en clase. Trátase do wix coa audición "Badinerie, da Suite orquestral en si m."; ademais podedes ver tamén o musicograma. 



mércores, 12 de outubro de 2016

Polka


Pinchade na imaxe para acceder ó wix no que practicar a Polka que estamos a practicar na clase de cuarto.






Buxos Verdes


Pinchade na imaxe para acceder ó wix coa partitura e o audio da nova peza musical que estamos a aprender en 5º de Primaria. 



xoves, 6 de outubro de 2016

luns, 19 de setembro de 2016

xoves, 12 de maio de 2016

Instrumentos de vento con Abraham Cupeiro

Hoxe os nen@s de 2º e 5º de Primaria participaron na Charla - Exposición de Abraham Cupeiro sobre instrumentos de vento. Instrumentos antigos, caseiros, de diferentes épocas e lugares....

martes, 3 de maio de 2016

Alicia en el país de las maravillas

A escola Danzarte agasallounos cunha magnífica representación desta historia para celebrar o día do libro e o día da danza. Moitísimas gracias!
















domingo, 1 de maio de 2016

domingo, 17 de abril de 2016

CANCIÓN DON QUIJOTE DE LA MANCHA

Para festexar o día do libro con música e co motivo do 400 aniversario da morte de Cervantes cantaremos a canción que compuxo Juan Pardo para a serie de televisión  Don Quijote de la Mancha.


Sancho, Quijote, 
Quijote, Sancho,
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho.
Sancho el escudero,
bonachón y gordinflón,
pisa firme el suelo,
que dirige su señor,
Quijote es totalmente fantasía,
caballero del honor. .
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho,
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho,
..
Los molinos son,
gigantes que hay que derrotar,
Rocinante es el mejor corcel,
y Sancho es arrogante,
fuerte y fiero ,
!Ay! Don Quijote lo que ves.
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho,
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho. ;
Sancho no comprende a su señor,
su cabeza es sólo corazón,
Quijote es su ilusión
de nueva vida,
y Dulcinea es el amor.
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho,
Sancho, Quijote,
Quijote, Sancho

mércores, 30 de marzo de 2016

BALLET DON QUIJOTE

Co motivo do 400 anos da morte de Cervantes podedes asistir á representación do ballet
 Don Quijote coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o  Centro Coreográfico Galego os días 8 e 9 de abril no Palacio da Ópera, dentro dos concertos en familia (2 € nenos e 5 € adultos).

http://www.palaciodelaopera.com/index.php/esp/agendatotal/d.quijote_-_osg_y_ccg1/


Pinchando na imaxe tedes información sobre o ballet.

luns, 21 de marzo de 2016

PEDRO E O LOBO

O segundo trimestre rematou por todo o alto cun súper concerto didáctico do Quinteto Invento e a gran narración de Laura  Sarasola (Caramuxo teatro). Dende 4º de infantil ata 6º de primaria disfrutamos dun gran concerto. Moitas gracias a todos 

Fichas Interactivas 3º e 4º

 Esta semana faremos estas fichas interactivas. Para facilitar as cousas e mentres a aula virtual está en obras, póñovos aquí o enlace tamén...